O Concello de Miño co investimento das axudas de Estratexias de Desenvolmento Local (EDLP) aprobadas pola Consellería do mar ao Grupo de Acción Local (GALP Golfo Ártabro Norte) no marco das axudas europeas do FEMP vén de desenvolver oito obradoiros de cociña mariñeira para os hostaleiros do municipio.
Trátase dun proxecto participativo que dotará ao sector da hostalería de ferramentas para a mellora constante da súa proxección.
Ferramentas de formación e de comunicación, para crear un relato que inclúa os diferentes sectores produtivos do concello de Miño.
Co apoio da Asociación de Pescadores de Miño e da Reserva da Biosfera Terras do Mandeo.
A primeira fase do proxecto consistiu en oito obradoiros dirixidos polo chel Antonio Amenedo nos que se marinaron produtos do mar con outros produtos de calidade da terra miñense.
Nunha segunda fase introduciranse novos pratos do mar nos locais de hostalería que participaron no proxecto, contando cunha campaña promocional destes productos entre a poboación xeral en medios de comunicación e nos propios locais.