Mariñeira
«Obradoiros de Cociña Mariñeira de Miño» é un programa organizado polo Concello de Miño financiado polas axudas de Estratexias de Desenvolvemento Local (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar ao GALP Golfo Ártabro Norte no marco do FEMP.
O obxeitivo deste proxecto é impulsar o uso dos produtos pesqueiros locais na hostalaría e fomentar o seu consumo entre a cidadanía.
Mariñeiro
de Miño
O mellor marisco do Golfo Ártabro cociñado cunha suave crema coa base da cebola chata de Miño, o bolo galego máis tradicional mergúllase no sabor do mar e da terra.
Comprometida
Durante os obradoiros de Cociña Mariñeira os hostaleiros do Concello de Miño aprenderon novas técnicas culinarias, fortaleceron lazos e impulsaron a súa creatividade para transformar o produto do mar en novas creacións sostibles e de calidade.
Miño sitúase no interior do Golfo Ártabro, unha das zonas de marisqueo e pesca de baixura máis importantes de Galicia.
É a sede do Grupo de Acción Local Golfo Ártabro Norte que integran os concellos de Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Ares, Fene, Narón, Neda e Ferrol.
pescadores
No Golfo Ártabro Norte temos as confrarías de pescadores de Miño, Pontedeume, Ares, Mugardos, Barallobre e Ferrol que se encargan de levar o produto do mar aos nosos restaurantes.
Cociña Mariñeira de Miño
“Os Obradoiros de Cociña Mariñeira de Miño” é un programa promovido polo Concello de Miño, en colaboración coa Confraría de Pescadores, co obxectivo de valorizar os produtos do mar e fortalecer o sector da restauración local.
O proxecto está financiado a través das axudas para proxectos das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.
A iniciativa busca impulsar a formación especializada en cociña mariñeira, a innovación gastronómica e o desenvolvemento sostible do territorio.
Os obradoiros
Edición 2026
Os Cociñeiros
Nair González é a cociñeira á fronte de Muelle 43, un restaurante con máis de corenta anos de historia ligado á tradición mariñeira galega. Desde hai máis dunha década, lidera a súa cociña cunha visión propia, onde o respecto polo produto, a memoria e o territorio son os piares fundamentais.
A súa cociña nace da emoción e do vínculo co seu contorno, reinterpretando os sabores do mar e da terra desde unha mirada contemporánea, sen perder a esencia do auténtico. Cada prato é unha forma de contar unha historia, de honrar a orixe e de manter viva a identidade gastronómica de Galicia.
Desde Muelle 43, Nair desenvolve unha proposta con identidade propia, onde tradición e evolución conviven en equilibrio. Pola súa experiencia, coñecemento e capacidade pedagóxica, Nair González preséntase como a docente perfecta para transmitir os seus saberes nos obradoiros de 2026.
Antonio Amenedo, coñecido como “O cociñeiro do pazo”, pode presumir dunha amplia carreira gastronómica. Con algo máis de vinte anos como xefe de cociña do pazo de Santa Cruz de Mondoi, deseña e elabora os menús para as grandes celebracións.
Figura habitual de Madrid Fusión, onde impartiu en diversas edicións a aula de formación para Makro, e asistente de moitos eventos coma Gastronomika de San Sebastián. Antonio pertence tamén ao grupo Coruña Cociña, un colectivo que traballa ao redor dunha personalidade gastronómica propia e diferenciada para a provincia.
Non fai falla que demostre nada máis porque a súa maestría con ingredientes do mar e da terra é de sobra coñecida. Por iso, non se nos ocorre mellor personalidade que a de Antonio para levar a cabo os obradoiros de cociña mariñeira de Miño.