14 de decembro
Unha sesión con pratos diferentes
Pechamos a última sesión do 2021 con diferentes técnicas innovadoras pero sinxelas de executar. Antonio propuxo realizar cun peixe de tempada e moi económico como o xurel, un marinado en sal, azucre e mondas de limón, lima e naranxa.
Para iso o fundamental foi impar ben o peixe retirándolle todas as espiñas e a pel, e cubrir coa mistura mencionada durante ao menos media hora na neveira.
LIMPAR BEN OS LOMOS DE PEIXE
REALIZAR A MISTURA DE SAL, AZUCRE E RALLADURA DE CÍTRICOS
MARINAR O PEIXE E DEIXAR REPOSAR
Outra das técnicas presentadas foi a elaboración dun carpaccio con produtos do mar que titulamos “Carpaccio do litoral”.
O proceso foi moi simple. Envolver os langostinos en papel de film para machacar cunha botella ou rodillo e facer unha base. Colocar sobre un plato o langostino que será o sustento do prato. Aderezar con aceite de oliva virxe extra e pementa negra. A continuación ferver os ingredientes do mar que decorarán o carpaccio: percebes, berberechos e ameixas.
Unha vez que os incorporemos, engadiremos como toque decorativo e que lle aportarán tamén intensidade, varios anacos de alga codium e pétalos de flores compestibles.