7 de febreiro
Brasa, lume e peixe
Abrimos a primeira sesión do 2022 cociñando diferentes peixes á brasa e aderezados con salsas.
Para a apertura dos obradoiros neste novo ano, animamos aos participantes a probar a facer peixes á brasa. Para iso Antonio recomendou escoller unha boa lubina salvaxe, un rodaballo e unhas cocochas de merluza.
Posteriormente, elaboramos tres guarnicións diferentes para acompañar o peixe.
LIMPAR O PEIXE E SALAR BEN
POÑER NA PARRILLA CANDA A BRASA ESTÉ PREPARADA
COCIÑAR 10 MINUTOS POR UN LADO E 12 MINUTOS POLO OUTRO
A elaboración de peixes á parrila é sinxela, tan so necesitamos un bo produto como a lubina e o rodaballo salvaxe, unha boa brasa e calcular o tempo preciso para que non se nos seque.
O consello de Antonio e rociar o peixe unha vez que está ao lume, dúas ou tres veces, cun concentrado de aceite e unhas gotiñas de vinagre para que solte o xugo.
Logo acompañamos a lubina cunha salsa vizcaína, o rodaballo coa salsa francesa chamada miarnese e as cocochas de merluza cunha salsa verde.