8 de febreiro

Pinchos fusión e bolo mariñeiro

Xornada mariñeira

xurelos

O segundo día dos obradoiros neste 2022 deu para moito. Para comezar, Antonio Amenedo elaborou un prato fusión con langostinos dándolle un sabor oriental a base de curry e picante…

A sesión rematou coa elaboración, nunha segunda volta, do bolo mariñeiro con dúas versións: ameixas e mexillóns. Ademais fixemos unha cata de bolos de catro panaderías de Miño diferentes…

LANGOSTINOS AO CURRY E MANGO

Quen dixo que non se poden fusionar os ingredientes galegos con especias ou guarnicións de outros países…?

Nos obradoiros probamos a especiar uns langostinos á pranxa con curry picante, chutney de mango e guindilla e conseguimos un prato ben exótico e sinxelo de elaborar.

<

O BOLO MARIÑEIRO

Pero o protagonismo da xornada levouno o bolo mariñeiro de Miño, que os hostaleiros xunto con Antonio trataron de perfeccionar.

Para iso traballaron dúas versións diferenciadas: un bolo de mexillóns e bechamel e outro de crema de ameixas con patacas..

A base do bolo sempre é a mesma: bo pan de calidade, cebola chata para o sofrito e unha crema ben con nata e mantequilla ou bechamel á que lle engadimos o produto do mar. Traballamos a ameixa da Confraría de Miño e os mexillóns do Golfo Ártabro.