15 de febreiro

O bolo mariñeiro

Un prato en común

xurelos

No remate dos obradoiros, foros os hostaleiros os auténticos protagonistas da xornada, elaborando duas versións do Bolo Mariñeiro.

A base do bolo é o pan de Miño, a cebola chata e o produto da costa (ameixa, berberechos ou mellixóns).

Este bolo é unha creación de Antonio Amenedo que xunto cos hostaleiros probaron varias fórmulas para un recheo cremoso e sabroso. As primeiras versións foron con nata e incluso con pataca, pero finalmente decantáronse por unha suave bechamel.

A clave para potenciar o sabor dos bivalvos é a incorporación á crema, de parte da auga utilizada na coccións xa que concentra o sabor do mar.

<

Logo de elaborar cada equipo unha versión diferente, Antonio, probou ambas elaboracións para dar a súa opinión. Ao parecer, a versión máis votada entre todos e a que conquistou o paladar dos hostaleiros foi, nunha maioría, o bolo de mexillóns.